ASÓCIATE

Se ainda non eres asociado/a e estas preocupado/a polo estado de abandono de Buño nos eidos da cultural, deportes, mantemento de rúas, parques e xardíns, servizos sociais, seguridade, urbanismo, despoboación, avellentamento, etc, debes saber que a Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño traballa para paliar todas estas deficiencias e contribuir a mellorar a calidade de vida de tódolos habitantes da vila oleira.

Para saber máis sobre nós podes revisar:

Xa somos máis de 400 asociados/as, se queres ser #xentefacendopobo segue as seguintes instruccións.

REQUISITOS PARA ASOCIARSE:

  • Calquer persoa física (maior de idade) ou xurídica que teña interese nos fins da asociación.
  • Menores entre 15 e 17 anos: co consentemento por escrito do seu titor/a legal.
  • Menores de 14 anos: de momento NON se admite a inscripción de menores de 14 anos pero temos previsto crear unha división xuvenil nos próximos meses.

COMO ASOCIARSE:

  • 1º – PAGO DA COTA DE INSCRIPCIÓN: para facer o pago online, con tarxeta, Bizum ou domiciliación fai click en renovación cota de socio, os prezos para novas altas e renovacións son os mesmos.
  • 2º – CUMPLIMENTA UN DOS SEGUINTES FORMULARIOS:
    • FORMULARIO ONLINE: entra no formulario de inscripción online para cumplimentar a inscripción por internet, ou cumpliementa o
    • FORMULARIO EN PAPEL OU PDF: cumpliméntao a man ou no ordenador e remíteo en unha foto ou escaneado ao noso correo avscoquinteirobuno@gmail.com . Tamén podes entregránolo en man en calquera dos nosos eventos.

Xuntos somos #xentefacendopobo