II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 11/07/2026

O sábado pola mañá teremos en Buño unha exposición de coches clásicos dende as 12:00 h da mañá, tamén haberá churrasco para repoñer forzas antes dunha tarde-noite que promete ser longa e moi divertida…. Despois de comer tomaremos prestado o DeLorean de Marty McFly para facer un retorno ao pasado, concretamente á época máis irreverente, hortera e divertida da historia, volvemos aos anos 80!.

  • Evento: EXPOSICIÓN DE COCHES CLÁSICOS E II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 2026
  • Finalidade: promoción dos vehículos clásicos e festa temática rememorando os anos oitenta aberta a tódolos públicos.
  • Data e Hora: 11/07/2025; a partires das 12:00 h. exposición de coches clásicos, e a partires das 20:00 h. Tardeo Ochentero.
  • Lugar: Parque Luciano García Alén de Buño.
  • Dirixido a: tódolos públicos.
  • Actuacións: “Retotrool” + “Dj Grovas”.
  • Menú: ao mediodía churrasco de porco e pola tarde-noite (ata as 23:30 h) hamburguesas “premium” con patatas chips (10 €). Servizo de bar
  • Inscripción: NON necesaria.

AXÚDANOS A DIFUNDIR PARA QUE NON FALTE NINGUÉN: sabemos que non todo o mundo pode acceder á internet, por favor, axúdanos a que esta información chegue a tódolos veciños e veciñas, sobre todo á xente máis maior. #xentefacendopobo .