EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026

As excursións son unha ocasión estupenda para sair de paseo cos veciños, relacionarse e coñecer outros sitios; nesta ocasión vamos a Sán Andrés de Teixido e Betanzos.

Saída de Buño ás 07:30 h cara a SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Polo camiño, faremos unha pausa en Pontedeume para tomar un café. Continuaremos cara á Serra da Capelada, onde se atopa o Santuario de San Andrés de Teixido, o segundo centro de peregrinación máis importante de Galicia, só por detrás de Santiago de Compostela. Asistiremos á misa no santuario e teremos a oportunidade de ofrecer velas e exvotos, así como de mercar os famosos “sanandreses”, amuletos feitos de miga de pan por artesáns locais.

Santuario de San Andrés de Teixido

Despois, iremos a un restaurante de Valdoviño para gozar dunha deliciosa comida que incluirá entrantes (empanada, embutidos, ensalada de pataca e croquetas), pescada con patacas, carrilleiras de porco asadas, sobremesa, bebidas e café. Pola tarde, a excursión levaranos a Betanzos, unha cidade histórica que foi unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia e que, segundo a lenda, foi fundada polo rei celta Breogán. Regresaremos a Buño ao final da tarde (entre 20:30 h e 21:00 h). Fin da viaxe

  • 07:30 h – Saida en autobús dende Buño (Praza)
  • 08:45 h – Parada para café en Pontedeume.
  • 11:00 h – Chegada a San Andrés de Teixido.
  • 12:15 h – Misa no Santuario de San Andrés de Teixido e tempo libre de paseo.
  • 15:00 h – Comida en Valdoviño.
  • 17:30 h – Chegada a Betanzos, tempo libre para paseo e café pola vila.
  • 20:30 h – Chegada a Buño, fin viaxe.
  • PREZO SOCIOS/AS………………60,00 Euros
  • PREZO NON SOCIOS/AS………65,00 Euros

INCLÚE: Transporte en autocar, comida en restaurante local, seguro de viaxe e IVE.

INSCRICIÓN PECHADA DENDE O 13/09/2026

IMPORTANTE:  é necesario un mínimo de 35 persoas inscritas para poder realizar a excursión, en caso de non cubrir este cupo cancelaráse e devolverase a cota de inscripción.

MÁIS INFORMACIÓN: teléfono 663.605.205 ou correo avscoquinteirobuno@gmail.com.