EXERCICIOS FUNCIONAIS – DO 05/10/2026 AO 16/06/2027

Por segundo ano consecutivo, animados polo éxito da primeira tempada 2025-2026, renovamos o curso de exercicios funcionais dirixido a persoas que queiran mellorar a súa forza, mobilidade e autonomía con exercicios que reproducen movementos da vida cotiá e sen impacto. É unha actividade especialmente dirixida a promover un envellecemento activo e a interacción social.

  • Máis autonomía: facilitan as tarefas do día a día.
  • Menos caídas e lesións: melloran a forza, o equilibrio e a coordinación
  • Máis vitalidade: corpo máis forte, flexible e resistente.
  • Benestar xeral: mellor ánimo e máis socialización en grupo.
  • DATAS: tódolos luns e mércores (do 05 de outubro do 2026 ao 16 de xuño do 2027)
  • HORARIOS: de 17:00 a 18:00 h.
  • PRAZAS: 15 prazas.
  • INSCRICIÓN: queda pechado a inscrición por fin de prazas dispoñibles.
  • PREZO (inscripción e mensualidades)
    • Socios/as………… 5 € ao mes.
    • Non socios/as….. 10 € ao mes.
  • XEITO DE PAGO: o primeiro mes pagaráse en efectivo o día de comezo (05/10/2026). As cuotas mensuais pagaranse a trimestre vencido.