MAGOSTO NO QUINTEIRO 07/11/2026

O Magosto é unha festa das predilectas para esta asociación, gústanos porque é interxeracional, porque nenos e maiores se xuntan para disfrutar dos contos, da música e dun alimento que por séculos foi básico no país e que salvou da fame a xeracións enteiras, a castaña ben merece unha homenaxe! non si?.

Dende a Asociación de Veciños o Quinteiro xa preparamos unha xornada con actividades que van gustar a tódolos públicos, xogos de outono coa profe Andrea, tarde de contos con Celso Fernández Sanmartín e moitas castañas de balde pra todos.

  • Lugar: – EcoMuseo Forno do Forte (suxeito a cambios en función do tempo)
  • 17:00 h – Xogos de outono con Andrea.
  • 18:30 h – Tardiña de contos con Celso Fernández.
  • 19:30 h – Castañas asadas de balde.
  • Servizo de Bar toda a xornada

O contacontos e poeta Celso Fernández Sanmartín ten unha especial conexión coa xente maior, quizais sexa porque é capaz de facernos viaxar a unha Galicia que a xente nova xa non lembra, uns contos e historias do tempo dos nosos avós e avoas. Quizais sexa porque Celso traballou durante dez anos na residencia de maiores de Lalín, onde probablemente forxou a comprensión dun tempo pasado grazas aos seus auténticos protagonistas, grazas a aqueles que o viviron.