I ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 30/03/2024

A primeira actividade da nosa asociación foi toda unha declaración de intencións: queremos poñer Buño a andar. Comezamos pola cultura, pola posta en valor do patrimonio arquitectónico e natural da propia vila e parroquias veciñas, por estreitar lazos entre veciños e foráneos de tódalas idades e Ademáis fixemos un pouco de deporte e rematamos con un xantar; é dicir, unha xornada completa de pola mañá á tardiña de desfrute para todos.

Esta actividade inaugural serviu para poñer a proba a capacidade de organización dos quince socios fundacionais e o poder de convocatoria da nova asociación; podemos dicir que se superaron tódalas expectativas en canto a participación e satisfacción por parte dos asistentes. Houbo unha ruta longa (14 quilómetros) e outra reducida (8 quilómetros) para poder incluír a tódalas persoas. A dificultade de ambos trazados foi sinxela polo que acudiron camiñantes dende os 8 aos 75 anos de idade. Polo camiño a organización explicou e puxo en valor o patrimonio natural e arquitectónico das vilas de Buño, Leiloio e Cambre: fornos de olería, muiños de auga, abellariza, paraxes naturais de enorme beleza e incluso o patrimonio industrial xa abandonado, como foi a xa clausurada fábrica de ladrillo Cerámicas El Progreso.

Para o evento coa axuda de varios veciños e veciñas e tamén do Concello de Malpica que aportou a seguridade de Protección Civil e Policía Local naqueles tramos con tráfico rodado.

O evento rematou con unha comida para tódolos participantes e para os que non puideron facer a ruta, en total foron 140 comensais á mesa. Por suposto, non faltou a música a cargo dun grupo de gaitas local.

Prensa:
– La Voz de Galicia – “Más planes de Semana Santa en a Costa da Morte”
– Diario de Bergantiños – “Andaina y churrasco en Buño” 
– Que pasa na Costa – “O Quinteiro de Buño estrease cunha andaina”