II RUADA “NUN MAR DE LETRAS”

A xente de Buño, Leiloio, Cambre e Cerqueda sempre disfrutou da música tradicional galega, boa proba disto son os festivais que históricamente se celebraron nestas vilas e a gran historia de recollida de cantares de pandeireta que subsiste da man de asociacións folclóricas moi activas, sobre todo, na veciña localidade de Cerqueda.

A Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño colaborou co Concello de Malpica na organización da “II Ruada nun Mar de Letras” que estaba prevista para o 17 de maio, con ocasión do Día das Letras Galegas. Desafortunadamente, debido ao mal tempo, a data tivo que ser adiada ao 7 de xuño, o día antes das festas de San Antonio, funcionou así o evento como complemento destas. A nosa asociación aportou a actuación do grupo local Paracetafolk, que xunto con Xisco Feijoo e as asociacións folk fixeron redonda unha xornada de lecer para pequenos e maiores.

Prensa:
– La Voz de Galicia – Malpica somérxese este maio “nun mar de letras”.
– Que pasa na Costa – Malpica mergúllase en maio “nun mar de letras”