ESPECTÁCULO FAMILIAR “ZONA DE OBRAS” CON BRAIS DAS HORTAS

No marco da XXXIX Mostra de Olería de Buño, coincidindo co Día do Neno, a nosa asociación apostou en esta ocasión polo lecer dos máis pequenos e os seus pais. Nunha xornada solleira e nun entorno verde trala Igrexa de Buño, o polifacético Brais das Hortas instalou a súa particular “Zona de Obras”.

Sinopse do espectáculo: Atención! Esta contada está en obras. Si, está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas… e a axuda do inestimable público. Malo será que entre todos non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se convirten en superstars… A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

O evento foi moi ben acollido polos pequenos e os seus pais; unha tarde de risas, música, contos e artesanía pois a Asociación de Olería de Buño puxo os talleres de barro para todos. Foi tamén unha boa oportunidade para a nosa asociación poñer a proba a súa capacidade de colaboración con outras asociacións sen ánimo de lucro, co-organizando, xunto ó gremio oleiro o Día do Neno.

Prensa:
– Que pasa na Costa – O programa musiqueiro da Mostra de Olería