I CONCURSO DE TORTILLAS EN VIRADEIRA

De novo, no marco da XXXIX Mostra de Olería de Buño a nosa asociación co-organizou coa Asociación de Olería o programa de lecer da última xornada da feira. Organizamos o I Concurso de Tortilla en Viradeira de Barro de Buño.

O obxectivo do mesmo non foi a busca da mellor tortilla, a auténtica motivación foi a promoción das pezas de barro de Buño como utensilios de cociña, pois era obrigado presentar tan suculentos pratos en viradeiras feitas polos nosos artesáns. A artesanía de Buño sufriu unha gran crise nos anos 60 coa chegada dos utensilios de plástico á cociña ata o punto de que os utensilios case desapareceron dos fogóns.

O concurso espertou gran interese: 23 concursantes, 5 persoas do xurado e máis de 100 atentos espectadores que seguiron con interese as deliberacións do xurado e puideron probar as tortillas. Tamén se conseguiu o principal obxectivo, pois tanto veciños como foráneos manifestaron o seu intereses polas viradeiras e nos postos dos oleiros vendéronse moitas máis do normal.

Prensa:
– La Voz de Galicia – De la Mostra de Olería a la Festa da Praia de O Ézaro