ESPECTÁCULO INFANTIL “SON ANIMAL” CON PACO NOGUEIRAS

Aproveitando a celebración das festas patronais de Santa Filomena a nosa asociación a cumplimentou o programa cunha actuación para os máis pequenos, nesta ocasión visitounos Paco Nogueiras co seu espectáculo de contos e música “Son Animal”. El mesmo o describe así:

Benvidas e benvidos a SON ANIMAL. Un novo espectáculo de Paco Nogueiras adicado aos animais máis cercanos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións. Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos… co seu SON. O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña, ou zunido do mosquito convértense en divertidas cancións da man de Paco Nogueiras. Cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock&roll, dende unha fanfarria circense ate unha melodía de influencias andinas.

O principal obxectivo era que nenos, nenas e maiores pasaran unha tarde divertida e non cabe dúbida de que se conseguiu pero tamén se fomentaron os valores de amizade, o gusto polas músicas do mundo e respeto polos animais.

Prensa:
– La Voz de Galicia: Faltarán horas para disfrutar este sábado en A Costa da Morte