I ANDAINA DEPORTIVA O QUINTEIRO

Animados polo éxito da I Andaina Popular artellada pola nosa asociación o pasado 30 de marzo, aventurámonos de novo con unha iniciativa similar pero fisicamente máis esixente por eso demos en chamarlle I Andaina Deportiva O Quinteiro de Buño. Os obxectivos foron os mesmos, poñer en valor e amosar a foráneos o patrimonio cultural, natural e arquitectónico de Buño e pobos veciños.

Anque ao principio o tempo non acompañou, saimos uns 80 aguerridos camiñantes baixo o choiva camiño ao cumio do Monte Neme, alí puidemos apreciar espectaculares vistas e o pasado mineiro da zona que deixou numerosas pegadas na súa orografía. Despois baixamos camiño á costa de Razo e Cambre onde puidemos apreciar a parte máis salvaxe da Costa da Morte e transitar parte do Camiño dos Faros. Chegados á praia de Cambre subimos de volta a Buño por pistas forestais onde poidemos apreciar unha plantación de sequoias experimental e as paraxes agrícolas de Cambre e Leiloio.

Prensa:
– La Voz de Galicia – “Buenos motivos para echarse a andar este fin de semana”
– Diario de Bergantiños – “O Quinteiro de Buño prepara una andaina a Monte Neme”
– Que pasa na Costa – “O Quinteiro artella unha nova andaina”