DÍA DA MULLER RURAL

A Asociación O Quinteiro de Buño, os seus asociados e Directiva teñen un gran compromiso coa igualdade de xénero e o impulso ao rural; non en balde a maioría da base social da entidade son mulleres (60%) e a localización e entorno de Buño é integramente rural.

A Asociación Visibles, con sede en Buño, leva máis de seis anos traballando por unha sociedade máis libre e igualitaria dende a perspectiva de xénero e a infancia. A Presidenta desta entidade propúxolle á nosa Comisión de Cultura a conmemoración do Día Internacional da Muller Rural unindo esforzos de ambas asociacións para co-organizar unha xornada de lecer e proveitosa para as mulleres. Foi así que, entre ambas asociacións artellamos unha tarde de talleres de artesanía, café e doces. Contratamos artesás de recoñecido prestixio:

– O Son das Varas……………..Taller de Cestería
– Rakelúa………………………….Taller de Coiro
– Luz de Moreira………………..Taller de Debuxo