PROXECCIÓN “ROXANA, LA SERIE”

Clara Mourón é unha rapaza de Buño que xunto ás súas compañeiras de estudos, Claudia Labrador e Manuela Gómez, rodaron o primeiro capítulo da miniserie “Roxana”. Fixérono como traballo de fin de grao pero con intencións de seguir producindo novos capítulos que conten a historia da Paquita Salas galega. Pero as súas intencións van máis aló, con esta comedia dramática o que realmente pretenden e chamar a atención sobre unha dobre discriminación: por razón de idade e de xénero e que se dá con frecuencia no sector audiovisual, no que Roxana triunfou de moza.

Vendo o potencial creativo da nosa veciña e as súas compañeiras de producción, esta asociación proxectou o primeiro capitulo de “Roxana” na sala de reunións do Centro de Artesanía e Tradición de Buño (CAT) na tarde do 23 de novembro. O acto tivo gran acollida e a sala do CAT encheuse con máis de setenta espectadores. Posteriormente houbo un pequeno coloquio coas creadoras para comentar sobre o visto e os proxectos de futuro para a serie “Roxana”.

Prensa: