CONFERENCIA E CHARLA “COIDAR NO RURAL”

A morte chegaranos a todos e todas polo que convén estar preparado. No rural os coidados dos enfermos e maiores recae case sempre nas mulleres polo que esta charla foi especialmente dirixida a elas.

A Asociación Visibles, con sede en Buño, leva máis de seis anos traballando por unha sociedade máis libre e igualitaria dende a perspectiva de xénero e a infancia. Foi a súa Presidenta quen nos suxeriu co-organizar unha charla sobre como xestionar os coidados daqueles que están próximos á morte e o duelo por aqueles que xa non están.

O evento tivo lugar no salón de actos da Farmacia de Buño o día 30 de novembro e interviu Cristina Borrazás, organizadora de funerais e fundadora de Mi Legado Emocional, quen reflexiona así sobre o tema:

”As mulleres rurais, coa súa sabedoría ancestral e a súa singular sensibilidade, seguen a ser gardiáns dos coidados nos momentos máis importantes da vida. Desde o apoio á rede familiar ata o apoio ao final da vida, o seu traballo adoita pasar desapercibido pero nunca deixa de ser vital”.

O lugar non podía ser outro que a Farmacia de Buño, ao cargo de profesionais ás que os/as buñeses/as teñen especial cariño.

Prensa: