CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Apolinar Varela é veciño de Buño e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de A Coruña. Actualmente exerce como profesor na Facultade de Educación e Psicoloxía da Universidade de Navarra.

A nosa asociación é consciente das dificultades que afrontan as persoas con discapacidade no día a día e tamén de que o deporte pode ser unha ferramenta valiosa para a súa inclusión e desenrolo persoal. Foi por iso que invitamos ao noso veciño, O Doutor Apolinar, para presentarnos os resultados da investigación El deporte como herramienta de bienestar e inclusión de personas con discapacidad intelectual. Un estudio sobre el proyecto Más Que Tenis promovido pola Fundación Rafa Nadal e financiado polo Banco Santander. O evento tivo lugar no salón de actos do Centro de Artesanía e Tradición de Buño (CAT) o día 6 de decembro.

Na primeira parte da conferencia explicou como o deporte e a actividade física adaptada son ferramentas poderosas para a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade intelectual. Por outra parte, tamén presentou o libro “Derribando barreras. Inclusión de personas con discapacidad intelectual a través del deporte y la actividad física”. Neste caso explicou en que consiste esta obra, explicando algúns dos puntos máis relevantes do proceso de elaboración e do propio contido do libro.

Con esta pequena xornada de difusión a nosa asociación pretendeu sensibilizar sobre a importancia do deporte na vida das persoas con discapacidade intelectual, das súas familias e dos profesionais que traballan neste ámbito dende una perspectiva académica.

Prensa: