TEATRO CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR A NOITE DE REIS

Coa emoción da Noite de Reis ben latente, a escasos dous días da noite máxica, membros da Xunta Directiva da asociación xa tíñamos ben preparados os guións de cada un para que todo saíse perfecto. Ensaiamos nos días previos e representamos as teimas do pequecho Martiño, quen, en plena noite de Reis, lle entra as gañas de mexar e, claro,….todos sabemos que non podemos ver aos Reis esa noite, do contrario quedamos sen agasallo. 

A obra adaptámola do libro “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis” de Chema Heras e Kiko Dasilva (editorial Kalandraka).

Agradecemos á AMPA do Colexio de Buño por cedernos o local na tarde do 4 de xaneiro; foi unha tarde de lecer para nenos e maiores con moitas risas e, por suposto, uns doces de merenda.