DOCUMENTAL E CHARLA “ALTRI, SEDE INSOSTIBLE”

A nosa asociación quixo amosar a súa solidariedade coa Plataforma Ulloa Viva na súa loita contra as ameazas que, para o seu territorio, supón a implantación da megacelulosa Altri.

Coa finalidade de coñecer de primeira man os motivos da súa oposición a este proxecto industrial, a nosa asociación organizou a proxección do documental “Altri, sede insostible” da productora Xarda e O Salto Galiza.

A proxección do documental e posterior charla tivo lugar o 27 de xullo na sala de vídeo do Ecomuseo Forno do Forte de Buño, os nosos agradecementos ao Concello de Malpica pola súa cesión.