CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICOS

Os primeiros auxilios básicos aportan uns coñecementos mínimos para poder ser realizados de maneira efectiva. A poboación en xeral non está preparada para afrontar estas situacións de urxencia que aparecen en calquera momento e situación polo que, dende a nosa asociación valoramos a necesidade de trasladar un mínimo nivel de coñecementos sobre o tema, no ámbito rural, mediante unha charla impartida por profesionais sanitarios, quenes altruístamente ofrecéronse a colaborar. O evento foi na tan estimada Farmacia de Buño na tardiña do 17 de xaneiro.

Impartiron a charla:

  • Lucía Romero (Enfermeira de Reanimación e Doentes Críticos do CHUAC)
  • Diego Ruanova (Médico de Anestexioloxía e Reanimación no CHUAC)

Datos do evento:

  • Evento: Charla Auxilios Básicos
  • Temática: charla sobre saude.
  • Data e hora: 17 de xaneiro do 2025 ás 19:00 h.
  • Lugar: Farmacia de Buño.
  • Obxectivo: trasladar coñecementos básicos sobre primeiros auxilios
  • Dirixido a: tódolos públicos.
  • Nº asistentes: 25 aprox.