TEATRO “A VOLTAS CO MORTO” – 05/04/2025

O próximo 05 de abril a compañía Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas, traerán o seu peculiar morto a dar unha volta por Buño. Están de xira coa súa peza teatral “A voltas co Morto”, (dirección de Pablo Soto “Pibe” e luces e son de Teresa Lema) unha rocambolesca comedia que xa fixo rir a veciños de toda a Costa da Morte con gran éxito e acollida.

Apáganse as luces, sube o pano e comeza a emoción, ven a fartarte de rir e dar unha volta co morto do Grupo Sen Tempo Teatro.

Sinopse: Despois de que as súas mulleres marcharan de vacacións para as Rías Baixas, Simón e Henrique deciden chamar unhas “periquitas” para pasar unha fin de semana de desenfreno. Pero unha visita inesperada torce os seus plans e comezan a acontecer situacións rocambolescas

Datos do evento:

  • Evento: Obra teatral “A voltas co Morto”.
  • Compañía: Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas
  • Dirixe: Pablo Soto, “Pibe”
  • Data e Hora: 05/04/2025 ás 18:30 h.
  • Lugar: CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño.
  • Xénero: comedia.
  • Duración: 100 minutos.
  • Dirixida a: tódolos públicos.
  • Prezo: de balde, acceso libre ata completar aforo.