CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 29/03/2025

  • Data da convocatoria: 29/03/2025
  • Hora da primeira e segunda convocatoria: 16:30 h. / 17:00 h.
  • Lugar da reunión: Centro de Artesanía e Tradición (CAT) – A Camposa

Doña María Begoña Castro Souto, Presidenta da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, pola presente, CONVOCA a tódalas persoas asociadas da asociación á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2025 na data, horas e lugar arriba indicados para tratar a seguinte ORDE DO DÍA:

  1. APERTURA DA ASAMBLEA: Benvida da Presidenta e verificación do quórum.
  2. INFORME DE ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2024.
  3. INFORME E APROBACIÓN DO PLAN DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2025, se procede.
  4. EXAMEN, INFORME E APROBACIÓN DAS CONTAS ANUAIS DO ANO 2025, formadas pola Conta de Resultados, Balance de Situación e Memoria formuladas segundo o Real Decreto 1491/2011, de 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade a entidades sen fines lucrativos, se procede.
    As Contas Anuais enviaronse ao correo electrónico daqueles socios/as que o comunicaron cando se rexistraron o pasado día 14 de marzo; para todos os demais, están dispoñibles baixo solicitude ao correo avscoquinteirobuno@gmail.com ou no teléfono 663.605.205 realizada antes do 27 de marzo.
  5. APROBACIÓN DAS NOVAS COTAS DE ASOCIADOS, se procede.
  6. PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA WEB DA ASOCIACIÓN.
  7. ROGOS E PREGUNTAS

En Buño, 14 de marzo do 2025

Asdo.: María Begoña Castro Souto

            Presidenta da Asociación de Veciños e Socio-Cultural o Quinteiro de Buño