II ANDAINA POPULAR: A RUTA DA AUGA – 19/04/2025

Abrir a billa e que saia auga… un xesto tan cotiá que nin tan sequera cuestionamos, mais nalgúns países, nalgunhas sociedades, a auga limpa, potable e de calidade é unha mera ilusión. Ademais, en Buño temos a sorte de contar con unha comunidade de auga auto-xestionada e propiedade dos veciños, unha das poucas que quedan en Galicia.

Pero… de onde vén a auga de Buño?, onde se capta?, cal é o sistema de tubaxes que nutren os depósitos?, onde están as principais fontes?.

Nesta andaina trataremos de dar resposta a estas preguntas e gozar dunha xornada moi completa de paseo pola natureza, comida popular, obradoiro de barro e moito humor cos “Fantasmas Familiares” de Quico Cadaval.

PROGRAMA ACTIVIDADES 19/04/2025

ANDAINA: RUTA DA AUGA DE BUÑO + COMIDA POPULAR

  • Punto e hora de encontro: Igrexa S. Estevo de Buño ás 09:00 horas.
  • Ruta: Igrexa de Buño > Embalse dos Ratos > Captacións auga > Depósitos > Fontes
  • Dificultade e distancia: dificultade baixa (por pistas forestais e asfaltadas) – 12 Km.
  • Recomendacións: levar roupa cómoda e adaptada á previsión meteorolóxica (chuvasqueiro, gorra, crema solar…) e, en calquer caso, botas de sendeirismo pois pode haber zonas enlamadas anque non chova. Non esquezas unha botella de auga e algo de comer para repoñer forzas.
  • Comida popular: no Colexio CEIP Joaquín Rodriguez Otero ás 14:00 horas. O menú será: pala asada, viño, auga e pan .
  • Prezos da comida e seguro da andaina (inscricións ata o 15/04/2025):
    • Ata o 13 de abril (ampliado ata o 14)… 12 €
    • Entre o 14 e 15 de abril………………… 15 €
  • INSCRICIÓNS: INSCRICIÓNS PECHADAS – NON SE ADMITEN MÁIS.

OBRADOIROS DE BARRO PARA NENOS

  • Lugar e hora: Ecomuseo Forno do Forte de 16:30 a 18:30 h
  • Público: a partires dos 3 anos.
  • Sen inscrición: máximo 15 persoas por orde de chegada.
  • Prezo: de balde.
  • Organiza: Concello de Malpica.

“FANTASMAS FAMILIARES” DE QUICO CADAVAL

  • Lugar e hora: Ecomuseo Forno do Forte ás 19:00 h.
  • Tipo de evento: espectáculo de contos.
  • Público: tódolos públicos.
  • Sen inscrición: ata completar aforo.
  • Prezo: de balde.