CAMPAÑA RENOVACIÓN DE COTAS DE SOCIOS 2025

O funcionamento da nosa asociación depende principalmente da xente que a facedes funcionar, asistindo aos eventos que se organizan e dando apoio en todo aquelo que se precisa. Non menos importante son as achegas das cotas de socios/as pois son gran parte da nosa fonte de financiación para poder levar a cabo os eventos e proxectos que realizamos.

Na Asamblea Xeral Ordinaria do 2025 acordouse manter os importes das cotas que viñan do ano anterior, sen subida algunha. Así as cotas de socios para o 2025 son:

 – Cota socio individual………………… 10,00 €/ano
 – Cota por Casa (máx. 4 persoas)………  25,00 €/ano

XEITOS DE PAGO:
  • Pago Electrónico (tarxeta, ou Bizum): fai click en Pago de Cuota Individual (10€) ou en Pago de Cuota por Casa (25€). Podes pagar por outras persoas indicando nos datos do pagador o nome do socio/a polo que pagas.
  • Domiciliación Bancaria: autorizándonos a facerche o cargo directamente na conta que nos indiques. Descarga a Orde de Domiciliación SEPA e enviaa ao noso email avscoquinteirobuno@gmail.com en formato pdf ou jpg.
  • Transferencia Bancaria: ao noso IBAN ES90 0049 7141 0229 1000 7300 indicando concepto o nome do socio polo que se paga.
  • En efectivo: no BAR O NORTE e nos próximos eventos, anunciaremos para cada un deles a posibilidade de pagar en efectivo.

Prazo de pago: ata o 30 de xullo. Máis información en: RENOVACIÓN COTA SOCIO | Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño

Esperamos contar con todos e todas vós para seguir xendo #xentefacendopobo