SARDIÑADA DE SAN PEDRO O QUINTEIRO – 28/06/2025

Para esta asociación son moi importantes as xuntanzas de veciños e visitantes, e non hai mellor maneira de xuntarse que arredor de boa comida, bebida e unha cachela de San Pedro. Nesta ocasión, ademáis, queremos agradecer a tódolos asociados/as a vosa confianza invitándovos a sardiñas, pan e viño de balde.

  • Evento: SARDIÑADA SAN PEDRO O QUINTEIRO
  • Finalidade: xuntanza para a celebración da festividade de San Pedro cunha sardiñada.
  • Data e Hora: 28/06/2025 a partires das 20:00 h.
  • Lugar: Parque Luciano García Alén de Buño.
  • Dirixido a: tódolos públicos.
  • Menú: pan + 4 sardiñas + viño.
  • Prezo:
    • Socios/as:…………… de balde.
    • Menores de 15 anos.. de balde.
    • Non socios/as:………. 6,00 €. (a pagar en efectivo o día do evento).
  • Inscripción necesaria: para facer unha previsión da comida necesaria, inscríbete facendo click no seguinte botón ou falando con calquera dos membros da Xunta Directiva da asociación


AXUDANOS A DIFUNDIR PARA QUE NON FALTE NINGUÉN: sabemos que non todo o mundo pode acceder á internet e moito menos cumplimentar un formulario de inscripción, por favor, axúdanos a que esta información chegue a tódolos veciños e veciñas, sobre todo á xente máis maior, e ten en conta que ti podes facer a inscripción por outra persoa se tes o consentemento para elo. #xentefacendopobo .