TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 12/07/2025

Se es dos que pensa que non houbo década máis festeira e divertida que os anos oitenta, non podes perderte a próxima que estamos argallando. Toma boa nota: día 12 de xullo, parque de Buño, música da época, taberna e hamburguesas “premium”…nada pode fallar. Esperamos verte cos teus mellores estampados, ombreiras e cardados!

  • Evento: TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 2025
  • Finalidade: festa temática rememorando os anos oitenta aberta a tódolos públicos.
  • Data e Hora: 12/07/2025 a partires das 20:00 h.
  • Lugar: Parque Luciano García Alén de Buño.
  • Dirixido a: tódolos públicos.
  • Actuacións: “Dos Hombres y un tercio” + “Dj Grovas”.
  • Menú: hamburguesas “premium” e servizo de bar.
  • Inscripción: NON necesaria.

AXÚDANOS A DIFUNDIR PARA QUE NON FALTE NINGUÉN: sabemos que non todo o mundo pode acceder á internet, por favor, axúdanos a que esta información chegue a tódolos veciños e veciñas, sobre todo á xente máis maior. #xentefacendopobo .

Un comentario en “TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 12/07/2025

Os comentarios están pechados.