XUNTANZA-CONVERSA XOGOS TRADICIONAIS + CAFÉ – 21/07/2025

Dende a Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño estamos a traballar nun novo proxecto para recuperar e poñer en valor a memoria de Buño, desta vez investigando sobre os xogos tradicionais e populares:

  • A que xogabamos cando eramos nenos e nenas?
  • É o mesmo ao que xogan hoxe os nosos fillos e fillas, netos e netas?
  • Na actual sociedade de consumo, onde a infancia ten acceso a multitude de xoguetes, xógase máis ou menos que antes?
  • É importante a transmisión interxeracional dos xogos de sempre, para evitar que desaparezan?

Gustaríanos CONVERSAR convosco sobre estas e outras cuestións que vaian xurdindo en torno á evolución do xogo no noso pobo e por iso, convocámosvos a unha xuntanza:

  • LUNS 21 DE XULLO ás 19:00 horas 
  • Adro da Igrexa de Buño.
  • Haberá café e biscoitos durante o acto.
  • Dirixido a tódolos públicos, especialmente xente maior.

Asimesmo, animamos a todas aquelas persoas que desexen participar neste proxecto e non poidan acudir a esta xuntanza, a enviarnos a avscoquinteirobuno@gmail.com un vídeo horizontal compartindo as vosas opinións ao respecto.

Co material recompilado, elaboraremos un vídeo que será o gardián dunha parte importante da memoria de Buño porque o xogo é unha actividade inherente ao ser humano, a principal na infancia e indispensable incluso na vida adulta. É o xogo, polo tanto, parte da historia e da cultura dun pobo; só de nós depende que non se perda.

AXÚDANOS A DIFUNDIR PARA QUE NON FALTE NINGUÉN: sabemos que non todo o mundo pode acceder á internet, por favor, axúdanos a que esta información chegue a tódolos veciños e veciñas, sobre todo á xente máis maior. #xentefacendopobo .