EXCURSIÓN A FERROL E REDES 27/09/2025

Saída de Buño (Praza Santa Xusta) ás 08:00 hrs con destino Pontedeume, onde faremos unha breve parada. Saída cara a FERROL, cidade curtida en mil batallas, unha sabia mestura de cultura, elegancia urbana e poderío militar. Visitaremos os lugares máis emblemáticos, acompañados dun guía local: o Barrio da Magdalena, declarado Conxunto Histórico-Artístico, o Miradoiro dos Xardíns de Herrera, en cuxa contorna poderemos ver a Igrexa de San Francisco, o Pazo de Capitanía de Mariña ou gozar da panorámica do Arsenal Militar. Achegámonos ao porto para un paseo en barco pola ría de Ferrol. Durante unha hora navegaremos pola zona. Avistaremos o Castelo da Palma, a Fortificación de San Felipe e o pobo mariñeiro de Mugardos, mentres nos explican o uso industrial da ría e o seu papel na historia dende o século XVIII.

Regreso ao porto e traslado a un restaurante da zona onde realizaremos o xantar. Tras finalizar a comida continuaremos coa visita a Ferrol e á hora que indique o guía sairemos cara a REDES, precioso pobo mariñeiro da ría de Ares onde destacan as súas coloridas casas indianas. Sobre as 20:00 h, regreso a Buño. Chegada e FIN DA VIAXE

DIRIXIDO A: tódolos públicos (socios e non socios) – PRAZAS LIMITADAS

PAGO E INSCRIPCIÓN (Data límite de inscripción: 17 de setembro):

  • En efectivo no bar O NORTE
  • Tarxeta ou Bizum: inscrición pechada dende o 19/09/2025.
  • Transferencia bancaria: inscrición pechada dende o 19/09/2025.

IMPORTANTE:  é necesario un mínimo de 35 persoas inscritas para poder realizar a excursión, en caso de non cubrir este cupo cancelaráse e devolverase a cota de inscripción.

+ INFORMACIÓN: teléfono 663.605.205 ou correo avscoquinteirobuno@gmail.com.