EXERCICIOS FUNCIONAIS – 01 OUTUBRO A 17 XUÑO

As actividades funcionais son exercicios que reproducen movementos da vida cotiá para mellorar a forza, a mobilidade e a autonomía do día a día sen impacto

  • Máis autonomía: facilitan as tarefas do día a día.
  • Menos caídas e lesións: melloran a forza, o equilibrio e a coordinación
  • Máis vitalidade: corpo máis forte, flexible e resistente.
  • Benestar xeral: mellor ánimo e máis socialización en grupo.

Unha forma prática e divertida de coidar a saúde e gañar confianza.

  • DATAS: tódolos luns e mércores (do 01 de outubro, 2025 ao 17 de xuño 2026)
  • HORARIOS: de 19:30 h. a 20:30 h.
  • PRAZAS ESGOTADAS (as reservas no seguinte formulario entran en lista de espera, chamarémoslle en caso de cancelación doutros inscritos)
  • INSCRICIÓN: no seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN ou por teléfono/Whasapp: 606.530.463
  • PREZO (inscripción e mensualidades)
    • Socios/as………… 5 € ao mes.
    • Non socios/as….. 10 € ao mes.
  • XEITO DE PAGO: o primeiro mes pagaráse en efectivo o día de comezo (01/10/2025). As cuotas mensuais pagaranse a principios de cada mes.