PRESENTACIÓN LIBRO “EL ENCUENTRO” – 20/09/2025

O noso veciño David Blanco presenta este sábado 20 de setembro, ás 19h. no CAT de Buño, o seu primeiro libro: “El encuentro”; un conto sobre a aventura compartida entre un rapaz surfista da Costa da Morte e unha orca ibérica. A entrada é libre, sen necesidade de inscrición. Podes ve-lo libro en dixital en https://www.msc.org/es/area-de-educacion/el-encuentro

Este libro, escrito por David e ilustrado por Catalina Rodríguez para a editorial Libros del Océano, aborda temas como a pesca sostible e a importancia de relacionarnos coa natureza dun xeito máis consciente.

Dende a Asociación O Quinteiro convidámosvos a todos e a todas a participar neste acto literario e descubrir xuntos esta marabillosa historia, inspirada no noso territorio.