QUINTEIROFEST – 18/10/2025

Rematado o verán a festa non para en Buño, a Asociación de Veciños O Quinteiro convida a tódolos seus asociados e visitantes á primeira edición do QuinteiroFest. Toma boa nota e reserva o día porque vai a ser unha xornada moi completa de música, comida, amigos e veciños.

O QuinteiroFest será o próximo 18 de outubro no parque Luciano García Alén co seguinte programa:

  • 13:30 h – SESIÓN VERMÚ con Laura Añón con JJ Comporta e Ángel Sevilla.
  • 14:30 h – COMIDA (codillo, patacas, pan, biscoito, queixo e café, bebida non incluída). Prezo: 20 € (aforo limitado). AS RESERVAS PARA A COMIDA ESTÁN PECHADAS dende o 16/10/2025. Como alternativa, haberá salchichas alemás todo o día a 8€.
  • 18:30 h – TARDEO con Laura Añón + Dj Grobas.

Un comentario en “QUINTEIROFEST – 18/10/2025

Os comentarios están pechados.