Magosto no Quinteiro 2025

MAGOSTO NO QUINTEIRO 15/11/2025

Encántanos o Magosto porque é unha xuntanza de veciños de tódalas xeracións. Nenos e maiores disfrutamos da celebración entorno á música, xogos e ás castañas, alimento básico no país ata non fai moito, e que ben merece unha homenaxe cada ano.

Dende a Asociación de Veciños o Quinteiro xa preparamos unha xornada con actividades que van gustar a tódolos públicos: narración oral con Vero Rilo e “Contos de Defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas, e castañas, moitas castañas de balde pra todos.

Ademais, lembras que o pasado 21 de xullo nos xuntamos no parque para falar dos xogos tradicionais? lembrarás tamén que estivemos gravando entrevistas sobre como xogábades de pequenos e como o fan as novas xeracións… pois xa temos o vídeo “Xogos no Quinteiro” e vamos a proxectalo por vez primeira neste Magosto.

  • Lugar: EcoMuseo Forno do Forte
  • 17:30 h – Narración Oral con Vero Rilo.
  • 18:30 h – Proxección vídeo “Xogos no Quinteiro”
  • 19:00 h – Castañas asadas de balde.
  • 20:00 h – “Contos de defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas.
  • Servizo de Bar toda a xornada

Inscrición: Non necesaria