TEATRO “O HOME NO SOFÁ” 22/11/2025

A compañía Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas, estivo o pasado mes de abril en Buño coa función “A voltas co morto”; colleitaron tal éxito que quedamos con gañas de máis. É así que os convidamos de novo a presentarnos “O Home do Sofá”, para o próximo 22 de novembro no CAT de Buño.

Apáganse as luces, sube o pano e comeza a emoción, ponte cómodo no sofá máis irreverente do Grupo Sen Tempo Teatro e prepárate para fartarte de rir.

Datos do evento:

  • Evento: Obra teatral “O Home do Sofá”.
  • Compañía: Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas.
  • Sinopse: Mentres Camila e Eduardo brindan polo seu inminente compromiso, un suceso vai cambiar os acontecementos. A familia, consternadísima, decide que o mellor é chamar un xuíz. A partir de aquí unha serie de persoaxes variopintas aparecerán envoltas nunha trama disparatada.
  • Dirixe: Pablo Soto, “Pibe”
  • Data e Hora: 22/11/2025 ás 18:00 h.
  • Lugar: CAT (Centro de Artesanía e Tradición) de Buño.
  • Xénero: comedia (tres actos).
  • Duración: 90 minutos.
  • Dirixida a: maiores de 12 anos.
  • Prezo: de balde, acceso libre ata completar aforo.