“LUZ E MAXIA NO QUINTEIRO” | ENCENDIDO ÁRBORE NADAL – 06/12/2025

O Nadal é a época predilecta dos nenos e nenas. Dende a nosa asociación preparamos unha actividade para dar inicio a estas datas tan especiais ao carón de amigos, familia e veciños. Para o próximo sábado 6 imos realizar un obradoiro de adornos para a nosa árbore de Nadal, estará na Praza de Buño. Tamén podes traer algún adorno da casa!. 

Non faltes, ven cos teus fillos, sobriños netos ou amigos. Haberá chocolate quente pra todos e prenderemos as luces.

DATOS BÁSICOS DO EVENTO:

  • Evento: “Luz e maxia no Quinteiro”
  • Data e hora: 06/12/2025 de 16:00 a 19:00 horas.
  • Lugar: antiga Carnicería de Guillermo na Praza de Santa Xusta e Praza de Buño.
  • Obxetivo: tempo de lecer para os máis pequenos, encendido da árbore de Nadal.
  • Dirixido a: tódolos públicos, especialmente nenos.
  • Programa:
    • 16:00 h.: Obradoiro de adornos de Nadal: dirixido a nenos e nenas (deben de asistir acompañados de un adulto). Elaboraránse adornos artesanais que despois formarán parte da decoración da gran árbore de Nadal de Buño.
    • 18:00 h.: Decoración da árbore de Nadal: empregaránse os adornos feitos no obradoiro e aqueles que acheguen os veciños e veciñas. Actividade aberta a toda a comunidade.
    • 18:30 h.: Acendido oficial das luces de Nadal: acendido das luces da árbore de Nadal.
  • Outros datos:
    • A xornada estará amenizada con panxoliñas e música de Nadal.
    • Repartiráse chocolate quente entre tódolos asistentes.
    • Haberá haimas en caso de choiva.