BENVIDA AOS REIS MAGOS – 05/01/2026

Como cada Nadal, os Reis Magos visitarán o noso pobo o próximo luns, 5 de xaneiro. Dende a Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño queremos darlles a benvida que se merecen e por iso vos convidamos a participar nun dos días máis máxicos do ano, especialmente para os máis cativos. Non deixemos pasar a oportunidade de despedir xuntos estas festas tan significativas para todos.

– Lugar: Parque Luciano García Alén. Haberá carpa con calefacción, sillas e mesas.
– 16:15 h.: Obradoiro infantil, cartaz de benvida aos Reis Magos.
– 17:00 h.: Buño cántalle aos Reis, co Coro de Buño.
– 17:30 h.: Recepción oficial das Súas Maxestades de Oriente.
– 18:30 h.: Chocolatada popular e biscoitos.

QUE NON FALTE NINGUÉN: axúdanos para que non falte ninguén, corre a voz desta información, especialmente a nenos e maiores.