foto Allariz

EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026

Voltamos de excusión, esta vez vai a ser unha auténtica marabilla, vamos a visitar unha das vilas máis fermosas do país, Allariz, comeremos nun restaurante próximo e pola tarde visitaremos o Pazo de Oca, considerado o “Versalles Galego” polos seus sublimes xardíns. Vai ser unha xornada de paseo moi completa e con excelente compañía; anímate e apúntate, as prazas son limitadas. Data límite para inscrición o 19 de abril ou fin de prazas.

  • Saida: dende a Praza de Buño ás 08:00 h.
  • Maña: visita a ALLARIZ, ao chegar, unha guía estará agardando o grupo para realizar unha visita polo seu belo Conxunto Histórico Artístico, descubrindo os seus monumentos ás beiras do Río Arnoia: o Convento de Santa Clara, o seu barrio xudeu ou algún dos seus museos, paseando polos seus xardíns e rúas.
Allariz
  • Mediodía: comida en restaurante da zona.
  • Tarde: visita aos xardíns do PAZO DE OCA, Coñecido como o “Versalles Galego” pola beleza dos seus xardíns, teremos tempo libre para admirar os seus estanques con forma de barco, xardíns, labirintos e os seus deseños de auga e pedra…
  • Volta a Buño: sairemos do Pazo de Oca sobre as 19:00h para estar en Buño entre as 20:30 e 21:00 h.
Xardíns do Pazo de Oca
  • PREZO SOCIOS…………….60 EUROS.
  • PREZO NON SOCIOS………65 EUROS.

O pago e inscrición é exclusivamente en EFECTIVO no BAR O NORTE. Queda pechado o pago electrónico e por transferencia.

IMPORTANTE:  é necesario un mínimo de 35 persoas inscritas para poder realizar a excursión, en caso de non cubrir este cupo cancelaráse e devolverase a cota de inscripción.

+ INFORMACIÓN: teléfono 663.605.205 ou correo avscoquinteirobuno@gmail.com.