LIMPEZA MAREIRA – 16/05/2026

O vindeiro sábado 16 de maio, temos unha cita coa nosa contorna. Unha actividade que pretende o mantemento das praias das Torradas e o Riás para loitar contra a crecente problemática de plásticos e residuos que danan o noso litoral.

Nesta xornada, contamos coa colaboración especial de Limpocean e Surf and Clean, que nos acompañarán para sumar forzas e coñecemento nesta causa.

Agardámoste ás 10:30 h no punto de encontro para comezar esta xornada de voluntariado ambiental.

  • Actividade: limpeza das praias de “As Torradas” e “O Riás”.
  • Punto de encontro: aparcamento da praia de “As Torradas”.
  • Data: sábado, 16 de maio.”.
  • Hora: 10:30 h”.
  • Inscrición: non necesaria.

Non importa a idade, só a vontade de botar unha man e desfrutar dunha mañá diferente en contacto co mar.

De nós depende poder seguir vendo os nosos areais como os coñecemos.

Móllate pola túa costa. Agardámoste!