ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO – 06/06/2026 — CANCELADA —

Algúns ándano por motivos espirituais, hai quen o fai por turismo, diversión ou deporte. Tamén hai xente que o fai por coñecer xente, achegarse ao rómanico ou a unha natureza diversa e exuberante; hai quen o anda para atoparse así mesmo e hai quen o anda sen saber porqué. O certo é que, por un motivo ou por outro, miles de persoas andan o Camiño de Santiago tódolos anos.

A Sección de Deportes da nosa asociación ten preparado unha viaxe que, canto menos, será unha oportunidade para coñecer xente, disfrutar do patrimonio arquitectónico e natural e dunha boa comida ao chegar ao destino na vila de Portomarín.

A do día 6 de xuño camiñaremos a primeira etapa (Sarria – Portomarín) e a intención e facer as restantes ata chegar a Santiago de Compostela nos próximos meses ou anos, non imos con présas…

  • Actividade: ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO – SARRIA – PORTOMARÍN
  • Data: 6 de xuño.
  • Hora e Lugar saída: 07:00 h dende Buño (anunciaremos os puntos de recollida).
  • Distancia e dificultade: 22 Km, dificultade media alta.
  • Prezo: 50 Euros (inclúe traslados en bus, seguro e comida en Portomarín.
  • Menú a escoller:
    • Menú 1: Caldo + Pescada á Romana.
    • Menú 2: Paella + Pescada á Romana.
    • Menú 3: Caldo + Costela en salsa.
    • Menú 4: Paella + Costela en salsa.
Etapa de Sarria a Portomarín – 22 Km.

Escolle a túa opción de menú e fai o pago por tarxeta ou Bizum (non necesitas saber o teléfono). O prezo é igual para tódalas opcións, 50 Euros. Cada persoa debe realizar un pago/inscrición, só pedimos o nome, apelidos, e-mail e DNI por motivos de formalización do seguro.