COIDA A TÚA PEL DO SOL RESPECTANDO O MAR | 23/05/2026

A Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, en colaboración coa Asociación Surf and Clean organiza este obradoiro de sensibilización do coidado da pel do sol con alternativas respetuosas co medio mariño.

“ Adicaremos 90 minutos a compartir información de dominio público sobre o probable impacto que os protectores solares convencionais teñen sobre a nosa saúde e sobre o ecosistema mariño. Partindo da nosa experiencia persoal propoñeremos alternativas naturais que temos atopado para protexer a nosa pel dun xeito máis respectuoso e natural. Entre elas, elaboraremos unha fórmula de protector solar caseiro con óxido de zinc (non nano) e ingredientes asequibles de orixe natural para poder probar e tamén seguir elaborando na súa casa. Este protector solar non está homologado nin conta con índice de protección acreditado.

Participando neste obradoiro apoiamos tamén o proxecto deportivo-educativo Aprende a través do surfing, desenvolto pola asociación Surf and Clean en colaboración coa Federación Galega de Surf, as escolas de surf locais e o Concello de Malpica; ademais da Deputación da Coruña, Xogade, Ecovidrio e MSC pesca sostible.”

  • Actividade: COIDA A TÚA PEL DO SOL…pero respectando o mar.
  • Data: 23 de maio.
  • Hora e Lugar: 12:00 h no CAT de Buño (A Camposa).
  • Duración: 90 minutos aproximadamente.
  • Prezo: de balde.
  • Nº prazas: 10.
  • Imparte: David Moreno (Surf and Clean).
  • Contidos da actividade:
    • Protectores solares, situación actual.
    • Alternativas saudables.
    • Faino ti mesmo/a.
    • Actívate e corre a voz.
    • Apoia un proxecto educativo local “Defende o Mar a través do Surfing”
  • Outra información: cada participante levará unha mostra de protector solar natural de 30 gramos.

Inscrición de balde exclusivamente por Whatsapp ou teléfono: 686.700.766.

xentefacendopobo