SARDIÑADA DE SAN PEDRO – 27/06/2026

Para esta asociación son moi importantes as xuntanzas de veciños e visitantes, e non hai mellor maneira de xuntarse que arredor de boa comida, bebida, música e unha cachela. Xa é a segunda sardiñada de San Pedro que celebramos, a do ano pasado foi todo un éxito e este ano vai ser mellor, contaremos co grupo folk Charamuscas (dirixido polo noso veciño Josecho) e con Dj Grobas para extender a festa ata que o corpo aguante! De novo, será unha ocasión para agradecer a tódolos asociados/as a vosa confianza invitándovos a sardiñas, pan e viño de balde.

  • Finalidade: xuntanza para a celebración da festividade de San Pedro cunha sardiñada.
  • Data e Hora: 27/06/2026 a partires das 20:00 h.
  • Lugar: Parque Luciano García Alén de Buño.
  • Dirixido a: tódolos públicos.
  • Menú: pan + sardiñas + viño.
  • Prezo:
    • Socios/as:………………. de balde (deben de ter pagadas as cotas do 2026)
    • Non socios/as:……….. 10,00 €. (a pagar en efectivo o día do evento).
  • Inscripción NON necesaria.

AXUDANOS A DIFUNDIR PARA QUE NON FALTE NINGUÉN: sabemos que non todo o mundo pode acceder á internet e moito menos cumplimentar un formulario de inscripción, por favor, axúdanos a que esta información chegue a tódolos veciños e veciñas, sobre todo á xente máis maior, e ten en conta que ti podes facer a inscripción por outra persoa se tes o consentemento para elo. #xentefacendopobo .