Arquivo da categoría: Histórico Actividades

EXERCICIOS FUNCIONAIS – DO 05/10/2026 AO 16/06/2027

Por segundo ano consecutivo, animados polo éxito da primeira tempada 2025-2026, renovamos o curso de exercicios funcionais dirixido a persoas que queiran mellorar a súa forza, mobilidade e autonomía con exercicios que reproducen movementos da vida cotiá e sen impacto. É unha actividade especialmente dirixida a promover un envellecemento activo e a interacción social.

  • Máis autonomía: facilitan as tarefas do día a día.
  • Menos caídas e lesións: melloran a forza, o equilibrio e a coordinación
  • Máis vitalidade: corpo máis forte, flexible e resistente.
  • Benestar xeral: mellor ánimo e máis socialización en grupo.
Seguir lendo EXERCICIOS FUNCIONAIS – DO 05/10/2026 AO 16/06/2027 →

EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026

As excursións son unha ocasión estupenda para sair de paseo cos veciños, relacionarse e coñecer outros sitios; nesta ocasión vamos a Sán Andrés de Teixido e Betanzos.

Saída de Buño ás 07:30 h cara a SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Polo camiño, faremos unha pausa en Pontedeume para tomar un café. Continuaremos cara á Serra da Capelada, onde se atopa o Santuario de San Andrés de Teixido, o segundo centro de peregrinación máis importante de Galicia, só por detrás de Santiago de Compostela. Asistiremos á misa no santuario e teremos a oportunidade de ofrecer velas e exvotos, así como de mercar os famosos “sanandreses”, amuletos feitos de miga de pan por artesáns locais.

Seguir lendo EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026 →

ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

O próximo 12 de agosto terá lugar o eclipse total de sol. En Buño, como en parte do país, somos afortunados de poder velo na súa totalidade. A nosa asociación non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar tan singular evento con toda a veciñanza e visitantes.

Para acompañarnos na experiencia contaremos con outro acontecemento moi peculiar, “A MÁQUINA DE METER MEDO“, dúo de zanfoñas con música electrónica que crearán unha atmósfera misteriosa, hipnótica e onírica moi propicia para a ocasión.

Seguir lendo ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO” →

II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026

A música folk e tradicional é unha das señas de identidade da Comarca de Bergantiños; no Concello de Malpica latexa con forza grazas ás asociacións culturais, especialmente en Xornes, Mens, Cerqueda e Malpica. Os que xa peiteamos canas lembramos o Festival Celta de Leiloio como referente da efervescencia da música folk e celta que viviu este país a finais dos anos noventa, pero dende a súa desaparición ningún formato de festival semellante ocupou o seu lugar no noso concello.

Seguir lendo II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026 →

II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 11/07/2026

O sábado pola mañá teremos en Buño unha exposición de coches clásicos dende as 12:00 h da mañá, tamén haberá churrasco para repoñer forzas antes dunha tarde-noite que promete ser longa e moi divertida…. Despois de comer tomaremos prestado o DeLorean de Marty McFly para facer un retorno ao pasado, concretamente á época máis irreverente, hortera e divertida da historia, volvemos aos anos 80!.

Seguir lendo II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 11/07/2026 →

CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

Este venres, 3 de xullo, a nosa asociación aposta de novo pola música tradicional; o combo é de luxo; Icía Varela e as niponas Haruna Chatani e Yoshimi Tsujimoto. Da súa man embarcaremos nunha fascinante viaxe de diálogo multicultural: mentres que Haruna introduce a maxia do koto (a arpa xaponesa) xunto coa pandeireta, Yoshimi achega a dozura e a expresividade do shakuhachi, creando un espazo sonoro único onde as melodías e coplas da Costa da Morte se abrazan coa sensibilidade do folclore nipón

Seguir lendo CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026 →

SARDIÑADA DE SAN PEDRO – 27/06/2026

Para esta asociación son moi importantes as xuntanzas de veciños e visitantes, e non hai mellor maneira de xuntarse que arredor de boa comida, bebida, música e unha cachela. Xa é a segunda sardiñada de San Pedro que celebramos, a do ano pasado foi todo un éxito e este ano vai ser mellor, contaremos co grupo folk Charamuscas (dirixido polo noso veciño Josecho) e con Dj Grobas para extender a festa ata que o corpo aguante! De novo, será unha ocasión para agradecer a tódolos asociados/as a vosa confianza invitándovos a sardiñas, pan e viño de balde.

Seguir lendo SARDIÑADA DE SAN PEDRO – 27/06/2026 →