Arquivo da categoría: NOVAS

EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026

As excursións son unha ocasión estupenda para sair de paseo cos veciños, relacionarse e coñecer outros sitios; nesta ocasión vamos a Sán Andrés de Teixido e Betanzos.

Saída de Buño ás 07:30 h cara a SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Polo camiño, faremos unha pausa en Pontedeume para tomar un café. Continuaremos cara á Serra da Capelada, onde se atopa o Santuario de San Andrés de Teixido, o segundo centro de peregrinación máis importante de Galicia, só por detrás de Santiago de Compostela. Asistiremos á misa no santuario e teremos a oportunidade de ofrecer velas e exvotos, así como de mercar os famosos “sanandreses”, amuletos feitos de miga de pan por artesáns locais.

Seguir lendo EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026

ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

O próximo 12 de agosto terá lugar o eclipse total de sol. En Buño, como en parte do país, somos afortunados de poder velo na súa totalidade. A nosa asociación non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar tan singular evento con toda a veciñanza e visitantes.

Para acompañarnos na experiencia contaremos con outro acontecemento moi peculiar, “A MÁQUINA DE METER MEDO“, dúo de zanfoñas con música electrónica que crearán unha atmósfera misteriosa, hipnótica e onírica moi propicia para a ocasión.

Seguir lendo ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026

A música folk e tradicional é unha das señas de identidade da Comarca de Bergantiños; no Concello de Malpica latexa con forza grazas ás asociacións culturais, especialmente en Xornes, Mens, Cerqueda e Malpica. Os que xa peiteamos canas lembramos o Festival Celta de Leiloio como referente da efervescencia da música folk e celta que viviu este país a finais dos anos noventa, pero dende a súa desaparición ningún formato de festival semellante ocupou o seu lugar no noso concello.

Seguir lendo II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026