Arquivos anuais: 2024

CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Apolinar Varela é veciño de Buño e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de A Coruña. Actualmente exerce como profesor na Facultade de Educación e Psicoloxía da Universidade de Navarra.

A nosa asociación é consciente das dificultades que afrontan as persoas con discapacidade no día a día e tamén de que o deporte pode ser unha ferramenta valiosa para a súa inclusión e desenrolo persoal. Foi por iso que invitamos ao noso veciño, O Doutor Apolinar, para presentarnos os resultados da investigación El deporte como herramienta de bienestar e inclusión de personas con discapacidad intelectual. Un estudio sobre el proyecto Más Que Tenis promovido pola Fundación Rafa Nadal e financiado polo Banco Santander. O evento tivo lugar no salón de actos do Centro de Artesanía e Tradición de Buño (CAT) o día 6 de decembro.

Seguir lendo CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONFERENCIA E CHARLA “COIDAR NO RURAL”

A morte chegaranos a todos e todas polo que convén estar preparado. No rural os coidados dos enfermos e maiores recae case sempre nas mulleres polo que esta charla foi especialmente dirixida a elas.

A Asociación Visibles, con sede en Buño, leva máis de seis anos traballando por unha sociedade máis libre e igualitaria dende a perspectiva de xénero e a infancia. Foi a súa Presidenta quen nos suxeriu co-organizar unha charla sobre como xestionar os coidados daqueles que están próximos á morte e o duelo por aqueles que xa non están.

Seguir lendo CONFERENCIA E CHARLA “COIDAR NO RURAL”

PROXECCIÓN “ROXANA, LA SERIE”

Clara Mourón é unha rapaza de Buño que xunto ás súas compañeiras de estudos, Claudia Labrador e Manuela Gómez, rodaron o primeiro capítulo da miniserie “Roxana”. Fixérono como traballo de fin de grao pero con intencións de seguir producindo novos capítulos que conten a historia da Paquita Salas galega. Pero as súas intencións van máis aló, con esta comedia dramática o que realmente pretenden e chamar a atención sobre unha dobre discriminación: por razón de idade e de xénero e que se dá con frecuencia no sector audiovisual, no que Roxana triunfou de moza.

Seguir lendo PROXECCIÓN “ROXANA, LA SERIE”

MAGOSTO 2024 CON CELSO FERNANDEZ

O contacontos e poeta Celso Fernández Sanmartín ten unha especial conexión coa xente maior, quizais sexa porque é capaz de facernos viaxar a unha Galicia que a xente nova xa non lembra, uns contos e historias do tempo dos nosos avós e avoas. Quizais sexa porque Celso traballou durante dez anos na residencia de maiores de Lalín, onde probablemente forxou a comprensión dun tempo pasado grazas aos seus auténticos protagonistas, grazas a aqueles que o viviron.

Seguir lendo MAGOSTO 2024 CON CELSO FERNANDEZ

I ANDAINA DEPORTIVA O QUINTEIRO

Animados polo éxito da I Andaina Popular artellada pola nosa asociación o pasado 30 de marzo, aventurámonos de novo con unha iniciativa similar pero fisicamente máis esixente por eso demos en chamarlle I Andaina Deportiva O Quinteiro de Buño. Os obxectivos foron os mesmos, poñer en valor e amosar a foráneos o patrimonio cultural, natural e arquitectónico de Buño e pobos veciños.

Seguir lendo I ANDAINA DEPORTIVA O QUINTEIRO

BANDA MUNICIPAL EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Nas verbenas que desfrutaban os nosos pais e avós nunca faltaba unha banda de música tradicional, bailar os pasodobres ao seu son era obrigado e facía as delicias de toda a mocidade. A nosa asociación quere recuperar a maxia daquelas xuntanzas de veciños con músicos locais formados nas escolas de música do propio concello ou vilas próximas.

Os veciños e veciñas de Buño sempre apreciaron este xénero musical e era unha antiga reivindicación poder desfrutar de novo deste tipo de formacións. É por iso que, no marco das Festas de Santa Filomena, contamos coa Banda Municipal Eduardo Pondal de Ponteceso que fixo as delicias de tódolos asistentes á sesión vermú; seguramente repetiremos para o próximo ano.

Seguir lendo BANDA MUNICIPAL EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

I CONCURSO DE TORTILLAS EN VIRADEIRA

De novo, no marco da XXXIX Mostra de Olería de Buño a nosa asociación co-organizou coa Asociación de Olería o programa de lecer da última xornada da feira. Organizamos o I Concurso de Tortilla en Viradeira de Barro de Buño.

O obxectivo do mesmo non foi a busca da mellor tortilla, a auténtica motivación foi a promoción das pezas de barro de Buño como utensilios de cociña, pois era obrigado presentar tan suculentos pratos en viradeiras feitas polos nosos artesáns. A artesanía de Buño sufriu unha gran crise nos anos 60 coa chegada dos utensilios de plástico á cociña ata o punto de que os utensilios case desapareceron dos fogóns.

Seguir lendo I CONCURSO DE TORTILLAS EN VIRADEIRA