Arquivos anuais: 2026

II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 11/07/2026

O sábado pola mañá teremos en Buño unha exposición de coches clásicos dende as 12:00 h da mañá, tamén haberá churrasco para repoñer forzas antes dunha tarde-noite que promete ser longa e moi divertida…. Despois de comer tomaremos prestado o DeLorean de Marty McFly para facer un retorno ao pasado, concretamente á época máis irreverente, hortera e divertida da historia, volvemos aos anos 80!.

Seguir lendo II TARDEO OCHENTERO O QUINTEIRO 11/07/2026

CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

Este venres, 3 de xullo, a nosa asociación aposta de novo pola música tradicional; o combo é de luxo; Icía Varela e as niponas Haruna Chatani e Yoshimi Tsujimoto. Da súa man embarcaremos nunha fascinante viaxe de diálogo multicultural: mentres que Haruna introduce a maxia do koto (a arpa xaponesa) xunto coa pandeireta, Yoshimi achega a dozura e a expresividade do shakuhachi, creando un espazo sonoro único onde as melodías e coplas da Costa da Morte se abrazan coa sensibilidade do folclore nipón

Seguir lendo CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

SARDIÑADA DE SAN PEDRO – 27/06/2026

Para esta asociación son moi importantes as xuntanzas de veciños e visitantes, e non hai mellor maneira de xuntarse que arredor de boa comida, bebida, música e unha cachela. Xa é a segunda sardiñada de San Pedro que celebramos, a do ano pasado foi todo un éxito e este ano vai ser mellor, contaremos co grupo folk Charamuscas (dirixido polo noso veciño Josecho) e con Dj Grobas para extender a festa ata que o corpo aguante! De novo, será unha ocasión para agradecer a tódolos asociados/as a vosa confianza invitándovos a sardiñas, pan e viño de balde.

Seguir lendo SARDIÑADA DE SAN PEDRO – 27/06/2026

ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO – 06/06/2026 — CANCELADA —

Algúns ándano por motivos espirituais, hai quen o fai por turismo, diversión ou deporte. Tamén hai xente que o fai por coñecer xente, achegarse ao rómanico ou a unha natureza diversa e exuberante; hai quen o anda para atoparse así mesmo e hai quen o anda sen saber porqué. O certo é que, por un motivo ou por outro, miles de persoas andan o Camiño de Santiago tódolos anos.

A Sección de Deportes da nosa asociación ten preparado unha viaxe que, canto menos, será unha oportunidade para coñecer xente, disfrutar do patrimonio arquitectónico e natural e dunha boa comida ao chegar ao destino na vila de Portomarín.

A do día 6 de xuño camiñaremos a primeira etapa (Sarria – Portomarín) e a intención e facer as restantes ata chegar a Santiago de Compostela nos próximos meses ou anos, non imos con présas…

Seguir lendo ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO – 06/06/2026 — CANCELADA —

LIMPEZA MAREIRA – 16/05/2026

O vindeiro sábado 16 de maio, temos unha cita coa nosa contorna. Unha actividade que pretende o mantemento das praias das Torradas e o Riás para loitar contra a crecente problemática de plásticos e residuos que danan o noso litoral.

Nesta xornada, contamos coa colaboración especial de Limpocean e Surf and Clean, que nos acompañarán para sumar forzas e coñecemento nesta causa.

Agardámoste ás 10:30 h no punto de encontro para comezar esta xornada de voluntariado ambiental.

Seguir lendo LIMPEZA MAREIRA – 16/05/2026
foto Allariz

EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026

Voltamos de excusión, esta vez vai a ser unha auténtica marabilla, vamos a visitar unha das vilas máis fermosas do país, Allariz, comeremos nun restaurante próximo e pola tarde visitaremos o Pazo de Oca, considerado o “Versalles Galego” polos seus sublimes xardíns. Vai ser unha xornada de paseo moi completa e con excelente compañía; anímate e apúntate, as prazas son limitadas. Data límite para inscrición o 19 de abril ou fin de prazas.

Seguir lendo EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026

O QUINTEIRO DOS LIBROS – 18/04/2026

O mes de abril, ademais da chegada da primavera, celebramos os días do Libro e o Libro Infantil. Por iso, dende a Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño convídamosvos a participar nun roteiro literario polo noso pobo o próximo sábado 18 de abril. Pasaremos a tarde camiñando por tres dos nosos fornos máis emblemáticos e compartindo experiencias a carón dos libros.

Seguir lendo O QUINTEIRO DOS LIBROS – 18/04/2026

EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS

“Salón Galicia Cine”, aínda pode lerse na fachada do que foi o centro de ocio e cultural para toda a comarca, o Cine Galicia de Buño. O presente proxecto enmárcase nos obxectivos de recuperación de memoria histórica da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, é continuación do camiño comezado no 2024 coa exposición fotográfica “Buño na Memoria, as nosas festas”.

Seguir lendo EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS