Arquivos da etiqueta: Concerto

ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

O próximo 12 de agosto terá lugar o eclipse total de sol. En Buño, como en parte do país, somos afortunados de poder velo na súa totalidade. A nosa asociación non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar tan singular evento con toda a veciñanza e visitantes.

Para acompañarnos na experiencia contaremos con outro acontecemento moi peculiar, “A MÁQUINA DE METER MEDO“, dúo de zanfoñas con música electrónica que crearán unha atmósfera misteriosa, hipnótica e onírica moi propicia para a ocasión.

Seguir lendo ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

Este venres, 3 de xullo, a nosa asociación aposta de novo pola música tradicional; o combo é de luxo; Icía Varela e as niponas Haruna Chatani e Yoshimi Tsujimoto. Da súa man embarcaremos nunha fascinante viaxe de diálogo multicultural: mentres que Haruna introduce a maxia do koto (a arpa xaponesa) xunto coa pandeireta, Yoshimi achega a dozura e a expresividade do shakuhachi, creando un espazo sonoro único onde as melodías e coplas da Costa da Morte se abrazan coa sensibilidade do folclore nipón

Seguir lendo CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

I FESTIVAL FOLK “O QUINTEIRO” – 08/08/2025

A música folk e tradicional é unha das señas de identidade da Comarca de Bergantiños; no Concello de Malpica latexa con forza grazas ás asociacións culturais, especialmente en Xornes, Cerqueda e Malpica. Os que xa peiteamos canas lembramos o Festival Celta de Leiloio como referente da efervescencia da música folk e celta que viviu este país a finais dos anos noventa.

Seguir lendo I FESTIVAL FOLK “O QUINTEIRO” – 08/08/2025

OS SERÁNS NO QUINTEIRO | do 01 ao 09/08/2025

As vindeiras semanas serán moi movidas e festivas en Buño: dende o xoves 31 xullo ao domingo 3 de agosto terá lugar a XL Mostra de Olería de Buño, e a fin de semana do 8 ao 10 as Festas na honra de Santa Filomena. Podes ver o cartel e últimas novas da Mostra de Olería no seu Instagram. Ademáis, o día 8 de agosto, celebraremos o Día do Neno.

A nosa asociación ten preparado un programa de actividades no marco destos eventos para o disfrute de xente de tódalas idades: música, actividades infantís, regueifa, queimada, churrascada e ata un festival folk!.

Seguir lendo OS SERÁNS NO QUINTEIRO | do 01 ao 09/08/2025

LETRAS NO QUINTEIRO 24/05/2025

A Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Con esta elección a Academia recoñece a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre.

É unha honra para o pobo de Buño o recoñecemento das nosas veciñas e unha ocasión perfecta para celebralo cunha tarde de música e contos o vindeiro 24 de maio no Ecomuseo Forno do Forte.

Seguir lendo LETRAS NO QUINTEIRO 24/05/2025

BANDA MUNICIPAL EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Nas verbenas que desfrutaban os nosos pais e avós nunca faltaba unha banda de música tradicional, bailar os pasodobres ao seu son era obrigado e facía as delicias de toda a mocidade. A nosa asociación quere recuperar a maxia daquelas xuntanzas de veciños con músicos locais formados nas escolas de música do propio concello ou vilas próximas.

Os veciños e veciñas de Buño sempre apreciaron este xénero musical e era unha antiga reivindicación poder desfrutar de novo deste tipo de formacións. É por iso que, no marco das Festas de Santa Filomena, contamos coa Banda Municipal Eduardo Pondal de Ponteceso que fixo as delicias de tódolos asistentes á sesión vermú; seguramente repetiremos para o próximo ano.

Seguir lendo BANDA MUNICIPAL EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESPECTÁCULO FAMILIAR “ZONA DE OBRAS” CON BRAIS DAS HORTAS

No marco da XXXIX Mostra de Olería de Buño, coincidindo co Día do Neno, a nosa asociación apostou en esta ocasión polo lecer dos máis pequenos e os seus pais. Nunha xornada solleira e nun entorno verde trala Igrexa de Buño, o polifacético Brais das Hortas instalou a súa particular “Zona de Obras”.

Seguir lendo ESPECTÁCULO FAMILIAR “ZONA DE OBRAS” CON BRAIS DAS HORTAS