Arquivos da etiqueta: Cultura

ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

O próximo 12 de agosto terá lugar o eclipse total de sol. En Buño, como en parte do país, somos afortunados de poder velo na súa totalidade. A nosa asociación non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar tan singular evento con toda a veciñanza e visitantes.

Para acompañarnos na experiencia contaremos con outro acontecemento moi peculiar, “A MÁQUINA DE METER MEDO“, dúo de zanfoñas con música electrónica que crearán unha atmósfera misteriosa, hipnótica e onírica moi propicia para a ocasión.

Seguir lendo ECLIPSE COA “MÁQUINA DE METER MEDO”

II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026

A música folk e tradicional é unha das señas de identidade da Comarca de Bergantiños; no Concello de Malpica latexa con forza grazas ás asociacións culturais, especialmente en Xornes, Mens, Cerqueda e Malpica. Os que xa peiteamos canas lembramos o Festival Celta de Leiloio como referente da efervescencia da música folk e celta que viviu este país a finais dos anos noventa, pero dende a súa desaparición ningún formato de festival semellante ocupou o seu lugar no noso concello.

Seguir lendo II FESTIVAL FOLK O QUINTEIRO DE BUÑO 07/08/2026

CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

Este venres, 3 de xullo, a nosa asociación aposta de novo pola música tradicional; o combo é de luxo; Icía Varela e as niponas Haruna Chatani e Yoshimi Tsujimoto. Da súa man embarcaremos nunha fascinante viaxe de diálogo multicultural: mentres que Haruna introduce a maxia do koto (a arpa xaponesa) xunto coa pandeireta, Yoshimi achega a dozura e a expresividade do shakuhachi, creando un espazo sonoro único onde as melodías e coplas da Costa da Morte se abrazan coa sensibilidade do folclore nipón

Seguir lendo CONCERTO ICÍA VARELA & HARUNA CHATANI & YOSHIMI – 03/07/2026

O QUINTEIRO DOS LIBROS – 18/04/2026

O mes de abril, ademais da chegada da primavera, celebramos os días do Libro e o Libro Infantil. Por iso, dende a Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño convídamosvos a participar nun roteiro literario polo noso pobo o próximo sábado 18 de abril. Pasaremos a tarde camiñando por tres dos nosos fornos máis emblemáticos e compartindo experiencias a carón dos libros.

Seguir lendo O QUINTEIRO DOS LIBROS – 18/04/2026

EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS

“Salón Galicia Cine”, aínda pode lerse na fachada do que foi o centro de ocio e cultural para toda a comarca, o Cine Galicia de Buño. O presente proxecto enmárcase nos obxectivos de recuperación de memoria histórica da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, é continuación do camiño comezado no 2024 coa exposición fotográfica “Buño na Memoria, as nosas festas”.

Seguir lendo EXPOSICIÓN CINE GALICIA, UNHA RETROSPECTIVA Á MÁQUINA DOS SOÑOS

TEATRO “OPERACIÓN BARRANCO” – 07/03/2026

Volve o teatro a Buño! toma boa nota e procura ser puntual o sábado, 7 de marzo, no CAT (A Camposa – Buño), xa que a entrada é de balde pero as prazas están limitadas ao aforo.

Nesta ocasión temos a honra de ver sobre as táboas ao Grupo de Teatro Vagalume Animación de Carballo quenes nos presentan, de xeito totalmente altruista, a súa comedia “Operación Barranco”: entre identidades ocultas, matrimonios en crise, amores mal resoltos e operacións que nunca deberían levarse a cabo, disfrutaremos dunha comedia coral chea de retranca galega onde cada personaxe, ao intentar solucionar os seus problemas, acaba precipitando aos demais directamente ao… barranco.

Seguir lendo TEATRO “OPERACIÓN BARRANCO” – 07/03/2026

BENVIDA AOS REIS MAGOS – 05/01/2026

Como cada Nadal, os Reis Magos visitarán o noso pobo o próximo luns, 5 de xaneiro. Dende a Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño queremos darlles a benvida que se merecen e por iso vos convidamos a participar nun dos días máis máxicos do ano, especialmente para os máis cativos. Non deixemos pasar a oportunidade de despedir xuntos estas festas tan significativas para todos.

Seguir lendo BENVIDA AOS REIS MAGOS – 05/01/2026

“LUZ E MAXIA NO QUINTEIRO” | ENCENDIDO ÁRBORE NADAL – 06/12/2025

O Nadal é a época predilecta dos nenos e nenas. Dende a nosa asociación preparamos unha actividade para dar inicio a estas datas tan especiais ao carón de amigos, familia e veciños. Para o próximo sábado 6 imos realizar un obradoiro de adornos para a nosa árbore de Nadal, estará na Praza de Buño. Tamén podes traer algún adorno da casa!. 

Non faltes, ven cos teus fillos, sobriños netos ou amigos. Haberá chocolate quente pra todos e prenderemos as luces.

Seguir lendo “LUZ E MAXIA NO QUINTEIRO” | ENCENDIDO ÁRBORE NADAL – 06/12/2025
Magosto no Quinteiro 2025

MAGOSTO NO QUINTEIRO 15/11/2025

Encántanos o Magosto porque é unha xuntanza de veciños de tódalas xeracións. Nenos e maiores disfrutamos da celebración entorno á música, xogos e ás castañas, alimento básico no país ata non fai moito, e que ben merece unha homenaxe cada ano.

Dende a Asociación de Veciños o Quinteiro xa preparamos unha xornada con actividades que van gustar a tódolos públicos: narración oral con Vero Rilo e “Contos de Defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas, e castañas, moitas castañas de balde pra todos.

Ademais, lembras que o pasado 21 de xullo nos xuntamos no parque para falar dos xogos tradicionais? lembrarás tamén que estivemos gravando entrevistas sobre como xogábades de pequenos e como o fan as novas xeracións… pois xa temos o vídeo “Xogos no Quinteiro” e vamos a proxectalo por vez primeira neste Magosto.

Seguir lendo MAGOSTO NO QUINTEIRO 15/11/2025