Arquivos da etiqueta: Denuncias

DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS

A Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño quere denunciar publicamente a situación de descoido da maleza, limpeza e mantemento xeral dos espazos e vías públicas. Unha situación que pode definirse de total abandono e que causa problemas de salubridade, proliferación de pragas, dificulta os tránsitos e accesos, incrementa o risco de incendios no casco urbano e o risco de accidentes de tráfico; todo elo aparte de ofrecer unha imaxe deplorable e indigna da vila e do mesmo concello, máis aínda en época estival.

Seguir lendo DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS →

CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO

Sr. Alcade do Concello de Malpica de Bergantiños,

Nos últimos meses os nosos asociados e asociadas trasladáronnos unha preocupación que require de solución urxente por canto está a provocar daños persoais graves e a inutilización de facto dunha vía de recente pavimentación por parte do Concello de Malpica de Bergantiños. Trátase do mal estado do Camiño do Rueiro en Buño; ao principio do mesmo, no lado esquerdo en dirección baixada, hai uns mananciais de auga corrente e constante, os cales xa estaban antes de cumprimentar a obra de pavimentación, e que non foron canalizados en absoluto, tal e como requiriría unha actuación ben planificada. O resultado é que a auga encharca as lousas creando un verdín que fai a vía intransitable. Tanto é así que nos últimos días producíronse varios accidentes resultando en roturas de moneca e brazo en dúas veciñas.

Seguir lendo CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO →