Arquivos da etiqueta: Deportes

ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO – 06/06/2026 — CANCELADA —

Algúns ándano por motivos espirituais, hai quen o fai por turismo, diversión ou deporte. Tamén hai xente que o fai por coñecer xente, achegarse ao rómanico ou a unha natureza diversa e exuberante; hai quen o anda para atoparse así mesmo e hai quen o anda sen saber porqué. O certo é que, por un motivo ou por outro, miles de persoas andan o Camiño de Santiago tódolos anos.

A Sección de Deportes da nosa asociación ten preparado unha viaxe que, canto menos, será unha oportunidade para coñecer xente, disfrutar do patrimonio arquitectónico e natural e dunha boa comida ao chegar ao destino na vila de Portomarín.

A do día 6 de xuño camiñaremos a primeira etapa (Sarria – Portomarín) e a intención e facer as restantes ata chegar a Santiago de Compostela nos próximos meses ou anos, non imos con présas…

Seguir lendo ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO – 06/06/2026 — CANCELADA —

III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

O próximo sábado 18 de outubro será un día moi completo en Buño; a Asociación de Veciños O Quinteiro, a Comisión de Festas e a Asociación Visibles temos preparadas actividades aptas para tódolos públicos e gustos:

Seguir lendo III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

EXERCICIOS FUNCIONAIS – 01 OUTUBRO A 17 XUÑO

As actividades funcionais son exercicios que reproducen movementos da vida cotiá para mellorar a forza, a mobilidade e a autonomía do día a día sen impacto

  • Máis autonomía: facilitan as tarefas do día a día.
  • Menos caídas e lesións: melloran a forza, o equilibrio e a coordinación
  • Máis vitalidade: corpo máis forte, flexible e resistente.
  • Benestar xeral: mellor ánimo e máis socialización en grupo.
Seguir lendo EXERCICIOS FUNCIONAIS – 01 OUTUBRO A 17 XUÑO

II ANDAINA POPULAR: A RUTA DA AUGA – 19/04/2025

Abrir a billa e que saia auga… un xesto tan cotiá que nin tan sequera cuestionamos, mais nalgúns países, nalgunhas sociedades, a auga limpa, potable e de calidade é unha mera ilusión. Ademais, en Buño temos a sorte de contar con unha comunidade de auga auto-xestionada e propiedade dos veciños, unha das poucas que quedan en Galicia.

Pero… de onde vén a auga de Buño?, onde se capta?, cal é o sistema de tubaxes que nutren os depósitos?, onde están as principais fontes?.

Nesta andaina trataremos de dar resposta a estas preguntas e gozar dunha xornada moi completa de paseo pola natureza, comida popular, obradoiro de barro e moito humor cos “Fantasmas Familiares” de Quico Cadaval.

Seguir lendo II ANDAINA POPULAR: A RUTA DA AUGA – 19/04/2025

CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Apolinar Varela é veciño de Buño e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de A Coruña. Actualmente exerce como profesor na Facultade de Educación e Psicoloxía da Universidade de Navarra.

A nosa asociación é consciente das dificultades que afrontan as persoas con discapacidade no día a día e tamén de que o deporte pode ser unha ferramenta valiosa para a súa inclusión e desenrolo persoal. Foi por iso que invitamos ao noso veciño, O Doutor Apolinar, para presentarnos os resultados da investigación El deporte como herramienta de bienestar e inclusión de personas con discapacidad intelectual. Un estudio sobre el proyecto Más Que Tenis promovido pola Fundación Rafa Nadal e financiado polo Banco Santander. O evento tivo lugar no salón de actos do Centro de Artesanía e Tradición de Buño (CAT) o día 6 de decembro.

Seguir lendo CONFERENCIA: O DEPORTE COMO FERRAMENTA DE BENESTAR E INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

I ANDAINA DEPORTIVA O QUINTEIRO

Animados polo éxito da I Andaina Popular artellada pola nosa asociación o pasado 30 de marzo, aventurámonos de novo con unha iniciativa similar pero fisicamente máis esixente por eso demos en chamarlle I Andaina Deportiva O Quinteiro de Buño. Os obxectivos foron os mesmos, poñer en valor e amosar a foráneos o patrimonio cultural, natural e arquitectónico de Buño e pobos veciños.

Seguir lendo I ANDAINA DEPORTIVA O QUINTEIRO

I ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 30/03/2024

A primeira actividade da nosa asociación foi toda unha declaración de intencións: queremos poñer Buño a andar. Comezamos pola cultura, pola posta en valor do patrimonio arquitectónico e natural da propia vila e parroquias veciñas, por estreitar lazos entre veciños e foráneos de tódalas idades e Ademáis fixemos un pouco de deporte e rematamos con un xantar; é dicir, unha xornada completa de pola mañá á tardiña de desfrute para todos.

Seguir lendo I ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 30/03/2024