Arquivos da etiqueta: excursion

EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026

As excursións son unha ocasión estupenda para sair de paseo cos veciños, relacionarse e coñecer outros sitios; nesta ocasión vamos a Sán Andrés de Teixido e Betanzos.

Saída de Buño ás 07:30 h cara a SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Polo camiño, faremos unha pausa en Pontedeume para tomar un café. Continuaremos cara á Serra da Capelada, onde se atopa o Santuario de San Andrés de Teixido, o segundo centro de peregrinación máis importante de Galicia, só por detrás de Santiago de Compostela. Asistiremos á misa no santuario e teremos a oportunidade de ofrecer velas e exvotos, así como de mercar os famosos “sanandreses”, amuletos feitos de miga de pan por artesáns locais.

Seguir lendo EXCURSIÓN A SAN ANDRES DE TEIXIDO – 20/09/2026 →
foto Allariz

EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026

Voltamos de excusión, esta vez vai a ser unha auténtica marabilla, vamos a visitar unha das vilas máis fermosas do país, Allariz, comeremos nun restaurante próximo e pola tarde visitaremos o Pazo de Oca, considerado o “Versalles Galego” polos seus sublimes xardíns. Vai ser unha xornada de paseo moi completa e con excelente compañía; anímate e apúntate, as prazas son limitadas. Data límite para inscrición o 19 de abril ou fin de prazas.

Seguir lendo EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026 →

EXCURSIÓN A FERROL E REDES 27/09/2025

Saída de Buño (Praza Santa Xusta) ás 08:00 hrs con destino Pontedeume, onde faremos unha breve parada. Saída cara a FERROL, cidade curtida en mil batallas, unha sabia mestura de cultura, elegancia urbana e poderío militar. Visitaremos os lugares máis emblemáticos, acompañados dun guía local: o Barrio da Magdalena, declarado Conxunto Histórico-Artístico, o Miradoiro dos Xardíns de Herrera, en cuxa contorna poderemos ver a Igrexa de San Francisco, o Pazo de Capitanía de Mariña ou gozar da panorámica do Arsenal Militar. Achegámonos ao porto para un paseo en barco pola ría de Ferrol. Durante unha hora navegaremos pola zona. Avistaremos o Castelo da Palma, a Fortificación de San Felipe e o pobo mariñeiro de Mugardos, mentres nos explican o uso industrial da ría e o seu papel na historia dende o século XVIII.

Seguir lendo EXCURSIÓN A FERROL E REDES 27/09/2025 →