Arquivos da etiqueta: Letras Galegas

LETRAS NO QUINTEIRO 24/05/2025

A Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Con esta elección a Academia recoñece a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre.

É unha honra para o pobo de Buño o recoñecemento das nosas veciñas e unha ocasión perfecta para celebralo cunha tarde de música e contos o vindeiro 24 de maio no Ecomuseo Forno do Forte.

Seguir lendo LETRAS NO QUINTEIRO 24/05/2025 →