Arquivos da etiqueta: Medioambiente

LIMPEZA MAREIRA – 16/05/2026

O vindeiro sábado 16 de maio, temos unha cita coa nosa contorna. Unha actividade que pretende o mantemento das praias das Torradas e o Riás para loitar contra a crecente problemática de plásticos e residuos que danan o noso litoral.

Nesta xornada, contamos coa colaboración especial de Limpocean e Surf and Clean, que nos acompañarán para sumar forzas e coñecemento nesta causa.

Agardámoste ás 10:30 h no punto de encontro para comezar esta xornada de voluntariado ambiental.

Seguir lendo LIMPEZA MAREIRA – 16/05/2026

III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

O próximo sábado 18 de outubro será un día moi completo en Buño; a Asociación de Veciños O Quinteiro, a Comisión de Festas e a Asociación Visibles temos preparadas actividades aptas para tódolos públicos e gustos:

Seguir lendo III ANDAINA POPULAR O QUINTEIRO DE BUÑO 18/10/2025

DOCUMENTAL E CHARLA “ALTRI, SEDE INSOSTIBLE”

A nosa asociación quixo amosar a súa solidariedade coa Plataforma Ulloa Viva na súa loita contra as ameazas que, para o seu territorio, supón a implantación da megacelulosa Altri.

Coa finalidade de coñecer de primeira man os motivos da súa oposición a este proxecto industrial, a nosa asociación organizou a proxección do documental “Altri, sede insostible” da productora Xarda e O Salto Galiza.

Seguir lendo DOCUMENTAL E CHARLA “ALTRI, SEDE INSOSTIBLE”

DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS

A Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño quere denunciar publicamente a situación de descoido da maleza, limpeza e mantemento xeral dos espazos e vías públicas. Unha situación que pode definirse de total abandono e que causa problemas de salubridade, proliferación de pragas, dificulta os tránsitos e accesos, incrementa o risco de incendios no casco urbano e o risco de accidentes de tráfico; todo elo aparte de ofrecer unha imaxe deplorable e indigna da vila e do mesmo concello, máis aínda en época estival.

Seguir lendo DENUNCIA AO CONCELLO POR DEFICIENTE LIMPEZA DE RÚAS, PARQUES E XARDÍNS

CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO

Sr. Alcade do Concello de Malpica de Bergantiños,

Nos últimos meses os nosos asociados e asociadas trasladáronnos unha preocupación que require de solución urxente por canto está a provocar daños persoais graves e a inutilización de facto dunha vía de recente pavimentación por parte do Concello de Malpica de Bergantiños. Trátase do mal estado do Camiño do Rueiro en Buño; ao principio do mesmo, no lado esquerdo en dirección baixada, hai uns mananciais de auga corrente e constante, os cales xa estaban antes de cumprimentar a obra de pavimentación, e que non foron canalizados en absoluto, tal e como requiriría unha actuación ben planificada. O resultado é que a auga encharca as lousas creando un verdín que fai a vía intransitable. Tanto é así que nos últimos días producíronse varios accidentes resultando en roturas de moneca e brazo en dúas veciñas.

Seguir lendo CARTA AO ALCALDE, DESPERFECTOS DO CAMIÑO DO RUEIRO