Arquivos da etiqueta: Oleria Buño

I CONCURSO DE TORTILLAS EN VIRADEIRA

De novo, no marco da XXXIX Mostra de Olería de Buño a nosa asociación co-organizou coa Asociación de Olería o programa de lecer da última xornada da feira. Organizamos o I Concurso de Tortilla en Viradeira de Barro de Buño.

O obxectivo do mesmo non foi a busca da mellor tortilla, a auténtica motivación foi a promoción das pezas de barro de Buño como utensilios de cociña, pois era obrigado presentar tan suculentos pratos en viradeiras feitas polos nosos artesáns. A artesanía de Buño sufriu unha gran crise nos anos 60 coa chegada dos utensilios de plástico á cociña ata o punto de que os utensilios case desapareceron dos fogóns.

Seguir lendo I CONCURSO DE TORTILLAS EN VIRADEIRA →